Vie, 23/03/2018

Participación do CAB no IV Torneo Basket sen barreiras do CB Nigrán

Os vindeiros luns e martes 26 e 27 e aproveitando as vacacións escolares o CAB participa no Colexio de Panxón no "Torneo Basket sen barreiras" do CB Nigrán.

Para o noso club é un orgullo participar un ano máis neste torneo solidario (todos os nenos fan un donativo para o Centro Juan María) que xa chega á súa 4ª edición, organizado polos nosos amigos do Club Baloncesto Nigrán.

O luns será o turno das nosas preminis, o CAB Ortopedia Acceda mentras que o martes xogarán as alevíns de minibasket coas xogadoras de 2006 e 2007 mezcladas nun único equipo.
Ambos equipos serán dirixidos por Susana Pazos.