Mar, 26/12/2017

Moitas grazas pola vosa solidariedade

Dende a Directiva do CAB Pontevedra queremos agradecervos a todos os que participachedes o pasado día 22 na nosa Festa Solidaria de Nadal 2017 a vosa asistencia, a vosa colaboración na organización e especialmente o voso espíritu solidario na recollida de alimentos con destino ás institucións e servizos sociais coordinados por Redeaxuda, aos que se lle entregaron os tres caixóns que se reuniron durante a celebración.

Estamos seguros de que este espíritu solidario e o traballo real en equipo son os que poden seguir facendo crecer a esta familia chamada Club Amigos do Baloncesto Pontevedra.

También queremos agradecer a colaboración, como noutras ocasións, de Domino's Pizza e a amabilidade do seu persoal.

Para lembrar o moito que disfrutamos no Frei deixamosvos os enlaces aos albumes fotográficos de Juan Santos e Antonio Vila, dous dos nosos fotógrafos de cabeceira, aos que tamén lles damos as grazas por este traballo e por todas as fotos que fan cada fin de semana e que contribúen a seguir facendo club.

Moitas grazas de novo, Bon Nadal e Feliz Aninovo