Mar, 28/03/2017

Lembramos a Concentración Babybasket da Illa de Arousa

O pasado día 21 tivo lugar a 5ª Concentración de babybasket da temporada. Nela participaron 4 clubes: o CB Dorna, equipo organizador, o CLB Cortegada, o Xuven de Cambados e os nosos pequenos xogadores.

O ambiente no Colexio A Torre da Illa foi formidable e a organización do CB Dorna estivo á altura do que as futuras figuras do basket se merecían.

Polo CAB participaron, entrenados por Marina e a súa axudante Carmen Portela: Xiana, Inés, Antía, Zaida, Roi, Mateo, Fabio e Anxo.

Concentración de babybasket