Jue, 21/06/2018

Balance da tempada: infantís femeninas 2005

Se hai un ano difícil no Baloncesto, probablemente o 1º de Infantís sexa o que máis: o ano no que o campo é o máis grande, o
balón é xa o maior e a canastra está tamén á altura da categoría Senior. E no persoal, primeiro ano de Instituto. . .

As infantís de 2005 do CAB tiñan tamén o hándicap de ser só 8 xogadoras pero iso non foi motivo para desanimarse, ao revés,
foron quen de esforzarse para acabar sacando proveito das circunstancias e mellorar claramente as súas condicións físicas e
técnicas. Xogar moitos minutos cada partido fíxolles ademais acadar un carácter táctico para competir que lles fixo gañar
varios partidos axustados. Agora hai que pensar no vindeiro ano, segundo ano na categoría Infantil no que amosar o avanzado
e traballar para gañar máis competencias. E seguir ben nos estudos.

TODAS foron compañeiras en cada adestramento, en cada partido. . .formando un EQUIPO e TODAS tiveron unha evolución
positiva. Son unhas Campioas e TODAS son mellores xogadoras. Agradecer ás Alevíns que nos axudaron e sobre todo ás
familias: GRACIAS.

Moi contento e orgulloso de traballar coas capitanas ANTÍA, BELÉN, CLELIA, DANIELA, MARÍA, MARINA, SOFÍA e TIÁN.

¡ NORABOA E A SEGUIR !