Jue, 21/06/2018

Balance da tempada: Babybasket

Para describir o que foi esta tempada seguramente a palabra éxito é moi axeitada.
ÉXITO para as pequenas e pequenos do CAB, que se iniciaban no Baloncesto ( e no deporte en moitos casos ) cunha actitude
de esforzo e traballo marabillosa. ÉXITO para o EQUIPO, que empezou sendo de 14 persoas e acabou nas 22. E ÉXITO no
persoal, co primeiro ano de Cole para moit@s e con cambios nos estudos en xeral.

Pero se hai un éxito, é o da constancia e entrega de cada nena, de cada neno. Coas súas idades, querer adestrar ( e xogar )e
facelo con ALEGRÍA é o mellor legado que lles pode quedar para que busquen no DEPORTE algo cotián, positivo e necesario no
seus periplos vitais.

Foron boas compañeiras e compañeiros en cada adestramento, e nos partidos. . .formando un GRUPO respectuoso, alegre e
solidario no que TOD@S tiveron unha evolución moi positiva.

Agradecer ás FAMILIAS que nestes inicios no deporte axudan tanto aos nenos e nenas: MOITAS GRACIAS.

Un pracer e unha alegría traballar con ADRIÁN, ÁLEX, ALICIA, ANTÍA, ARES, BRUNO, CARMEN, IAGO, INÉS, IVÁN, JAVI, JORGE, LOIS, MARIO, MARTÍN, MATEO, MIGUEL, RODRIGO, ROI, ROQUE, XAVI e XIANA.

¡ NORABOA E A SEGUIR !