Vie, 11/01/2019

2019 arranca cheo de basket para os equipos do CAB

Logo do parón por mor das festas do Nadal, volve a competición oficial para os equipos do CAB e o fai, xa dende hoxe venres e cun intenso fin de semana por diante.
Hoxe arranca a acción co derbi, aprazado no seu día, entre dous dos nosos equipos cadetes, o M contra o H, as 20.30 na nova pista do remozado IES Frei Martín Sarmiento. O resto da xornada cadete quedará para mañán sábado pola tarde no Príncipe Felipe (co CAB Umana recibindo a un dos mellores equipos da competición, o CB Grove e o propio M xogando diante do Sigaltec E) e o domingo, coa visita do CAB H á complicada pista do Xuven Cambados.

Tamén hoxe xoga o CAB MRW da categoría mini feminina o primeiro dos seus dous partidos da fin de semana, visitando no Universitario ao Arxil. Completará a xornada o domingo rendindo visita ao Extrugasa Rio Ulla e tentando así manterse imbatido na competición. O outro equipo mini feminino, o Acceda Ortopedia xogará mañán no IES Frei M. Sarmiento diante do propio Rio Ulla de Pontecesures.

A xornada dobre tamén é unha proba de fogo para os infantís masculinos (que reciben mañán as 10 no Frei tamén a Río Ulla e visitan o domingo ao Giraldo arousano) e para os minis masculinos zonais que xogan dobre enfrentamento diante do Estudiantes.

Enfrontamentos complicados para empezar o ano tamén lles espera ás cadetes (visitando ao Arxil no Universitario o sábado ás 16), aos preminis de Susana Pazos rendendo visita ao Marín Peixegalego e aos dous equipos infantís femininos: o Inmoponte xoga o sábado en Cambados diante do Xuven mentras que as rapazas de 2005 reciben no Frei ao Estudiantes.

O domingo pola mañan no IES Frei Martin Sarmiento asistiremos ao prato forte da fin de semana coa disputa da segunda das concentracións dos babys, organizada polo noso club e na que tomarán parte Estudiantes (con dous equipos), Boa Vila Basket, Marín Peixegalego e CAB. Agardamosvos alí.

Todos os horarios se poden consultar, como sempre, na nosa páxina.